Saltar ao contido

Lymantria monacha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lymantria monacha

Macho adulto (arriba) e femia adulta
Macho adulto (arriba) e femia adulta

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Superfamilia: Noctuoidea
Familia: Erebidae
Subfamilia: Lymantriinae
Tribo: Lymantriini
Xénero: Lymantria
Especie: L. monacha
Nome binomial
Lymantria monacha
(Linnaeus, 1758)
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Lymantria monacha é unha especie de insecto lepidóptero da familia dos erébidos (antes, da dos limantríidos),[1][2] subfamilia dos limantriinos, tribo dos limantriini, unha das integradas no xénero Lymantria.

É propia da rexión paleártica, especialmente en Europa e o Xapón.[3]

Esta bolboreta considérase como unha praga forestal.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Phalaena monacha.[5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Lymantria.

O epíteto específico, monacha, é o feninino do latín vulgar monachus, -i, "monxe", "eremita", termo derivado do grego antigo μοναχός‎ monachós "solteiro", "solitario", de μόνος mónos, "só", "único", "solitario", "illado".[6]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]

  • Liparis monacha (Linnaeus, 1758)
  • Phalaena monacha Linnaeus, 1758 (protónimo)
  • Psilura monacha (Linnaeus, 1758)

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécese dentro da especie as subespecies seguintes:[5]

  • Lymantria monacha subsp. ceballosi Agenjo, 1959
  • Lymantria monacha subsp. chosenibia Bryk, 1949
  • Lymantria monacha subsp. idea Bryk, 1949
  • Lymantria monacha subsp. lateralis Bryk, 1949
  • Lymantria monacha subsp. matuta Bryk, 1949
  • Lymantria monacha subsp. monacha (Linnaeus, 1758)
  • Lymantria monacha subsp. neirai Agenjo, 1959
  • Lymantria monacha subsp. yunnanensis Collenette, 1933

Características

[editar | editar a fonte]

As bolboretas adultas teñen as ás brancas con arcos negros conectados. Hai moitas variacións na cor e no deseño das ás. As ás posteriores son de cor marrón clara ou agrisada. Presentan un marcado dimorfismo sexual. Os machos son de menor tamaño e cores máis claras, e teñen as antenas bipinadas. As femias son algo maiores e teñan as ás máis longas que os machos, e son de cores máis escuras, co corpo e as extremidades máis vilosas e con antenas filiformes pouco aparentes. Tamén teñen un abdome característico de cor biscoito cunha banda negra. Teñen unha envergadura de 4 a 5 cm. Os ovos son ovalados, de cor marrón clara ou avermellada clara.[3]

As larvas son de cor de esbrancuxada a moura, con pelos grises, verrugas vermellas e azuis e unha liña dorsal lonxitudinal escura que se interrompe ou amplía en manchas nalgúns espécimes. A pupa é de cor marrón avermellada ou marrón escura dourada, con pelos avermellados dorsalmente e a punta anal bastante longa. As larvas aliméntanse de follas de árbores como as dos xéneros Picea, Larix, Abies, Pinus e Pseudotsuga. Outros xéneros como Quercus, Acer, Betula, Carpinus, Fagus, Fraxinus, Ulmus, Malus, Prunus e outras froiteiras poden seren tamén consumidas por esta especie.[3]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Esta avelaíña pódese atopar na maior parte de Europa, incluída a Gran Bretaña e nas rexións temperadas do leste do Paleártico até o Xapón e a India.[3][7] Recentemente introduciuse no Canadá onde pode converterse nunha praga como especie invasora.[8]

Esta bolboreta é bastante rara en gran parte da súa área de distribución potencial, pero pode proliferar localmente (atacando árbores froiteiras ou sebes monoespecíficas, bosques caducifolios ou bosques de coníferas monoespecíficos) no norte da súa área de distribución, especialmente no Canadá.[9]

Ciclo vital

[editar | editar a fonte]

A femia pon numerosos ovos en diversos substratos (cortiza ou escamas de cortiza de árbores vivas ou troncos, produtos de embalaxe de madeira, produtos forestais, recipientes que logo viaxan con estes ovos).[10] A diferenza doutras bolborectas nocturnas, non protexe os ovos con fíos de pelos abdominais.[8] Nas coníferas, os ovos xeralmente deposítanse na parte inferior do tronco ou tamén na coroa do conxunto de ramas grandes durante a infestación.[11]

As larvas hibernan cando son novas, permanecen xuntas en grupos e maduran en xuño. Na primavera as larvas consomen os primeiros rebentos e despois os arumes das coníferas ou as follas das frondosas. Unha única eiruga come arredor de 200 arumes de piñeiros ou 1 000 de abetos. Os abetos morren nun 70 % por perda de aruumes e os piñeiro nun 90 %. Tamén existe o perigo de infeccións secundarias en escaravellos e fungos. Polo tanto, esta especie pode causar danos importantes na silvicultura.[12]

  1. Zahiri, Reza (2011). "Molecular phylogenetics of Erebidae (Lepidoptera, Noctuoidea)". Systematic Entomology 37: 102–124. 
  2. Lafontaine, Donald; Schmidt, Christian (19 Mar 2010). "Annotated check list of the Noctuoidea (Insecta, Lepidoptera) of North America north of Mexico". ZooKeys 40: 26. doi:10.3897/zookeys.40.414. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Carter, David J. (2000): Butterflies and Moths, 2ª ed. Londres, Reino Unido: Dorling Kindersley. ISBN 978-0-7513-2707-6, p. 271.
  4. Canadian Food Inspection Agency Factsheet Arquivado o 4 de novembro de 2014, en Wayback Machine.
  5. 5,0 5,1 5,2 Lymantria monacha (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 20 de abril de 2021.
  6. monacha no Word Sense English Dictionary.
  7. "Fauna europaea". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 01 de maio de 2021. 
  8. 8,0 8,1 The North American Forest Commission. Exotic Forest Pest Information System Arquivado 06 de maio de 2007 en Wayback Machine..
  9. Páxina canadiese Arquivado 02 de maio de 2021 en Wayback Machine. sobre esta especie.
  10. Agence canadienne d’inspection des aliments. Information sur les ravageurs. [1], 1998.
  11. Bejer, B. (1988): "The Nun Moth in European Spruce Forests". En: Berryman, Alan A., edit.: Dynamics of Forest Insect Populations. Patterns, Causes, Implications. Washington D.C: Washington State University. ISBN 978-1-4899-0789-9, pp. 211-231.
  12. Lymantria monacha en Bugwood Wiki.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carter, David (1992): Butterflies and Moths. Londres: Dorling Kindersley Handbooks. ISBN 0-7513-2707-7.
  • Lafontaine, J. D. & Schmidt, B. C. (2010): "Annotated check list of the Noctuoidea (Insecta, Lepidoptera) of North America north of Mexico". Zookeys 40: 1–239.
  • Schintlmeister, A. (2004): "The Taxonomy of the genus Lymantria Hübner [1819] (Lepidoptera: Lymantriidae)". Quadrifina 7: 1–248. (Texto completo).
  • Wang, H., Wahlberg, N., Holloway, J. D., Bergsten, J., Fan, X., Janzen, D. H., Hallwachs, W., Wen, L., Wang, M. & Nylin, S. (2015): "Molecular phylogeny of Lymantriinae (Lepidoptera, Noctuoidea, Erebidae) inferred from eight gene regions". Cladistics 31 (6): 579–592.

Ourtros artigos

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Lihgazóns externas

[editar | editar a fonte]